O nome CHARURGA resulta da combinación dos termos que definen e diferencian ás dúas formacións que irrumpen con forza na música popular galega desde finais do século XIX: a "charanga", entendida como agrupación musical formada por un máximo de catorce ou quince persoas que fundamentalmente interpretan repertorios e ritmos bailables de diferentes orixes empregando percusións e instrumentos de vento agás a gaita, e a "murga", como formación similar á anterior pero composta por un número lixeiramente inferior de músicos que sí inclúen á gaita como instrumento melódico.
Por tanto, os da Xistra empregan á CHARURGA para a reinterpretación daquelas melodías que, formando parte do seu arquivo sonoro dende hai varios anos, son consideradas como parte fundamental dos repertorios que, sen importar a súa orixe galega ou extranxeira, foran interpretados con anterioridade á primeira mitade do século XX, tanto por charangas como por murgas.
Redon - Bretaña, 2012.
Neste sentido, os
integrantes da CHARURGA DA XISTRA apostan pola libre interpretación e armonización intentando imitar "aquel proceso galeguizador" das pezas de moda que noutrora os músicos do noso país, como a Charanga do Ghabino do Rosal, A Murga dos Portos de Tebra ou os mesmos Morenos de Lavadores, fixeran con todo tipo de repertorios chegados a Galicia a través das emisoras de radio, dos discos de pedra ou vinilo, das composicións para bandas de música, tanto civís como militares, e mesmo daquelas primeiras "orquestras" ou "grupos" de festa e verbena como La Palomita da Guarda ou a Tropical de Tomiño.
Matamá - Vigo, 2010
A CHARURGA DA XISTRA presentouse ao público por primeira vez na localidade alemana de Baligen no outono de 2009 como resultado dun proxecto realizado a tal fin desde a Asoc. Gaiteiros da Xistra.
Interpreta unha amplísima variedade de melodías e ritmos que van desde o "fose" (nome co que popularmente se coñece ao fox-trot na parte sur de Pontevedra) e os tangos ata "sambas" pasando por "valses", muiñeiras, jotas,... Para elo válense de seis músicos que executan gaita galega en diferentes tonos e combinacións, acordeón, clarinete, saxo soprano, armónica, frautas traveseiras, bombo, caixa, platos,...
A Charurga interpretando "O cosos", Tomiño, 2012. Goián, novembro, 2012