GALICIA NAS TERRAS DA GAITA é unha das diversas actividades que conforman a programación cultural que a Asociación Gaiteiros da Xistra de Coruxo organizou co gallo do seu XXV Aniversario.
GALICIA NAS TERRAS DA GAITA son unhas xornadas didácticas sobre o folclore da gaita en Europa para todo tipo de espectadores, colexios, conservatorios, escolas de música, danza e canto tradicional galego, entidades asociativas, concellos,…
GALICIA NAS TERRAS DA GAITA forma parte do proxecto internacional denominado “Profesións moribundas, Culturas viventes” que, conxuntamente con Alemania e Rumanía, foi presentado en Bruselas e aprobado pola Unión Europea de entre máis de 300 proxectos que optaban á subvención. O apoio da U.E. realízase a través do Programa Cultura e da Dirección General de Educación y Cultura do goberno español.
A primeira edición celebrouse entre os día 7 e 10 de xuño do ano 2012 e participaron un total de 31 músicos de 8 “terras da gaita” que amosaron un total de 12 gaitas: Xirimia (Balears), Viniou e Beuze (Bretaña), Sackpfeife, Hümmelchen e Bock (Suabia), Cimpoi (Rumanía), Launedda (Cerdeña), Bodega (Occitania-Languedoc), Dude e Gajde (Croacia) e Gaita Galega. Comprendeu un total de 11 actividades repartidas en 5 concellos diferentes do sur da provincia de Pontevedra.