En calquera sociedade ou colectividade humana resulta imposible concebir a vida
sen ter en conta á súa música. Ela asoma como elemento omnipresente na
actividade social, pública e privada.
O plantexamento didáctico que ofertamos desde a
ASOCIACIÓN "GAITEIROS
DA XISTRA", pretende contribuir a suxerir sistemas de aprendizaxe
de folclore na escola e noutras institucións, a través de
concertos, edicións e
unidades didácticas, axudar e orientar, na medida do posible, a quen ten as
responsabilidades educativas e tamén a quenes consideran que os nosos costumes
merecen a pena de ser conservados.
Tamén desexamos que o folclore sirva para algo máis que para crear espectáculos
aspecto ó que, irremediablemente, semella estar condeado no momento actual. Coidamos seriamente que a etnografía
permanece ou debería de permanecer sempre viva entre as vindeiras xeracións
dun xeito activo e con plena vixencia dentro dos diferentes sistemas de ensino, tanto o oficial, o formal e o informal.
Por elo, e dende a nosa modestia, aportamos estes materiais e suxerimos estas
actividades, baseados nas experiencias folclóricas que asimilamos durante os
anos que levamos percorrendo a xeografía galega, tanto na realización de estudios
de campo coma participando nun bo número de actuacións dentro e fora do noso
país.
¡ Temos que acadar que os/as nosos/as nenos/as se convirtan en
AUTÉNTICOS PROTAGONISTAS E TRANSMISORES DO NOSO PATRIMONIO !