El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

    Como é sabido, a Asoc. Gaiteiros da Xistra non só se adica a interpretar música galega, vai un pouco máis aló pois un dos seus obxectivos fundacionais é o estudio e a divulgación dos difrentes eidos que integran a cultura tradicional de Xistralia: a parte galego-minhota de Galicia.

     É por eso polo que presta especial interés a todas aquelas canles de difusión que poidan faclitar tal misión; sen descartar aos diferentes xeitos de edicións pola súa importancia e utilidade como medios que complementan á transmisión musical e así aumentar as posibilidades de dar a coñecer todo tipo de temáticas, tradicións, costumes, encontros musicais, bandas sonoras, as referencias galego-minhotas, históricos de intérpretes e grupos folclóricos, gravacións de campo, arquivos sonoros, etc.

     Ademais dos 15 traballos discográficos nos que ten participado Xistra de Coruxo e dos procesos de dixitalización dos seu arquivo sonoro, hoxe en día en fase de cosntrución, Gaiteiros da Xistra clasifica o resto das súas edicións en dous apartados:

EDICIÓNS GRÁFICAS:
   Chegada a época do entroido, os mariñeiros da bisbarra de Vigo transformábanse en Merdeiros coa intención de expresar com máis forza as súas xenreiras para cos labregos. Para elo acostumaban vestirse ao xeito de Escabicheioros ridiculizando aqueles elementos do traxe e...

                                     leer máis...
   Nos albores do século XX desenvolveuse no antigo concello de Lavadores un forte movemento asociativo e cultural que ía poñer as bases da música da gaita en toda a comarca viguesa. Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Miloro,...

                                 leer máis...
  Treboada Galega é unha auto-edición da Asoc. Gaiteiros da Xistra que, a través de breves textos, imaxes e vídeos, presenta dun xeito didáctico todos os segredos e a historia dunha manifestación folclórica propia do Baixo Miño galego e Alto Minho portugués: os bombos de grandes dimensións.
                                       leer máis...
EDICIÓNS VIDEOGRÁFICAS:
   ... son unhas xornadas didácticas sobre o folclore da gaita en Europa para todo tipo de espectadores, colexios, conservatorios, escolas de música, danza e canto tradicional galego, entidades asociativas, concellos,… Celebráronse entre o 7 e o 10 de xuño do ano 2012 e participaron un total de 31 músicos de 8 “terras da gaita” que amosaron un total de 12 gaitas

                                     leer máis...
   Con certeza o que neste evento se reivindica é un novo modelo de concerto-espectáculo fundamentado nas experiencias de colectivos que como Cantares do Minho (Viana do Castelo, ) e Gaiteiros da Xistra (Coruxo-Vigo, 1988) de contrastada calidade que basean o seu labor atístico en traballos de campo por vilas e aldeas dun lado e outro do río Minho.
                                 leer máis...
  Banda sonora do documental "LA UNIÓN DEL PORVENIR" (Tomiño, 1918)
            

   Asesoría musical e interprtacions para o filme "UN TRABALADOR DO SÉCULO XX"
          

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 Reservados todos os dereitos © A. F. Gaiteiros da Xistra
 Camiño do Ceán, 48     /       36.331 - CORUXO (VIGO)
Tfno. +34 606 415 346