El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

O MERDEIRO: UN PERSONAXE DO ENTROIDO VIGUÉS
                                (APUNTAMENTOS PARA A SÚA RECUPERACIÓN)
Autor: Xerardo F. Santomé
Edita: A. X. A Revolta e A. VV. Casco Vello (Vigo, febreiro, 2006)
Idioma: Galego
Contido: 55 páxinas.

[...]      Chegada a época do entroido, os mariñeiros da bisbarra de Vigo transformábanse en Merdeiros coa intención de expresar com máis forza as súas xenreiras para cos labregos. Para elo acostumaban vertirse ao xeito de Escabicheiros, (persoas do rural que recollían os escabiche e baleiraban os pozos-negros da cidade para abonar os seus campos), ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol. Asemade gostaban de exaxerar o seu comportamento social tremendamente anárquico. [...]

     "O MERDEIRO: UN PERSOAXE DO ENTROIDO VIGUÉS" resulta de lectura fácil, rápida e entretida. As súas 55 páxinas, cheas de elementos gráficos, debuxos e interpretacións de autores como Vicente Risco e Xaquín Lorenzo "Xocas", xunto con citas textuais da prensa de finais do século XIX e comenzos do XX, supoñen un compendio de evidencias sobre a existencia real do único representante do entroido urbano de Galiza: O MERDEIRO, do que tamén se describen os seus comportamentos, o seu disfraz e a súa desaparición antes da II República Española.

      Segundo o seu autor, XERARDO F. SANTOMÉ, este libro supón un fin e un principio: "é o fin a 7 anos de estudos e búsquedas de documentacións ralizadas en hemerotecas, publicacións antigas, arquivos personais e informantes de avanzada idade realizadas durante os anos 1991 e 1998. E ao mesmo tempo, tamén supón, ou debería supor, o principio dunha nova fase máis práctica baseada nas conclusións expostas”.

      Entre os textos que figuran neste libro, é de suliñar unha interesantísima documentación periodística sobor do xeito de celebrar "el carnaval callejero" na cidade de Vigo de finais do século XIX.

     "O MERDEIRO: UN PERSOAXE DO ENTROIDO VIGUÉS" pódese interpretar coma a base teórica do proxecto de recuperación dun xeito autóctono de celebrar o verdadeiro entroido en Vigo. Proxecto que están a realizar algunhas entidades da zona antiga coma a Asociació Cultural "A Revolta" e a Asociación Vecinal e Cultural " Casco Vello" coa creación da Asociación Etnográfica A Merdeira.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 Reservados todos os dereitos © A. F. Gaiteiros da Xistra
 Camiño do Ceán, 48     /       36.331 - CORUXO (VIGO)
Tfno. +34 606 415 346