Foi en Marzo de 1.988, cando XISTRA DE CORUXO realiza a súa
primeira aparición en público acompañando ao grupo de bailes tradicionais do
Etnográfico "A Buxaina". De xeito xeral, a súa evolución e traxectoria musical resúmese
nos cinco subtítulos que sempre acompañaron e acompañan ao seu nome:
XISTRA DE CORUXO: MÚSICA TRADICIONAL GALEGA:
Época do quinteto : as dúas gaitas e percusións acompañaban ao baile e ás
veces actuaba pola súa conta interpretando pezas e melodías aprendidas polas
aldeas de Galicia; sendo esta unha das características máis salientables do grupo e
que aínda hoxe en día conserva e prevalece sobor de calquera outra.
Teatro García Barbón - CaixaVigo, 1990.
Muiñeiras,
jotas, pasacorredoiras, marchiñas de reis,... formaban o repertorio. Repertorio que canto máis se aprendía dos vellos gaiteiros galegos máis
precisaba da inclusión de novos instrumentos que, aínda que non foran tradicionalmente
galegos, tamén foran empregados por aqueles nos seu tempos: frautín, clarinete,
platillos... para interpretar melodías que xa ás veces tampouco pertencían aoó Cancioneiro
Tradicional Galego. É aquí cando o grupo decide independizarse totalmente.
XISTRA DE CORUXO: MÚSICA POPULAR GALEGA:
Do quinteto pásase ao sexteto e de ser seis a ser oito compoñentes coa inclusión
do acordeón. Había que ocupar o oco existente na música do noso país deixado
atrás polos grupos "folk" que paseniñamente ían abandoando as percusións e as
melodías propias de Galicia
Tomando coma referencia á fertil existencia de gaiteiros
no sur da provincia de Pontevedra que formaron no seu entón grupos de gaitas
e murgas, XISTRA DE CORUXO, decide basar o seu novo repertorio en ritmos e
aires procedentes doutros pobos foráneos que entraran na nosa comunidade
a finais do século XIX e principios do XX. Ritmos que foran asimilados e
popularizados polos nosos devanceiros: rumbas, sambas, mazurcas, polcas,...
XISTRA DE CORUXO segue sen abandoar as muiñeiras, jotas e demáis ritmos que tamén
tocaban aqueles gaiteiros; e aparece entón a oportunidade ofrecida por Edicións do Cumio
S.A. de perpetuar o traballo coa gravación do primeiro disco: "
Se beillas arrente, coidado cos terróns".
Baiona, 1994.
XISTRA DE CORUXO: MÚSICA POPULAR EN GALEGO:
Debido á boa aceptación daquel primeiro traballo discográfico, o número de actuacións
aumenta, coñécense outros grupos de diferentes procedencias e niveis musicais,
intensifícanse as visitas ó rural galego na percura de máis repertorio, aparecen
as primeiras viaxes a Europa e intercambios musicais internacionais,... Todo elo provoca novas
inquedanzas e gañas de plasmar esas vivencias xurdindo, entón, o dilema da evolución
musical: ¿seguir coa música popular ou reconvertirse plenamente á nova "moda
do folk"?

Afortunadamente XISTRA DE CORUXO continuou apostando polo que
os seus membros aprenderon e aprenden naquelas vilas e aldeas, actualizando
melodías ata conquerir un xeito propio de interpretar e un son personalizado que o caracteriza dentro do eido músico-tradicional galego, popularizando
e adaptando ao galego canta música entra dentro dos parámetros marcados polo
propio grupo. Durante dous anos o colectivo traballou coa ilusión de ver que o seu labor era aceptada e recoñecida polo público e froito de todo elo, e da man de Edicións do Fol S.L. (Boa Music), aparece, en 1997,
o segundo traballo discográfico baixo o título de "
Adicado ..."
Coruxo, 1997
XISTRA DE CORUXO: O FOLC GALEGO - MINHOTO:
No principio do novo milenio, XISTRA DE CORUXO, co aval de Zouma Records, aventúrase nunha nova proposta discográfica titulada "
Xistralia: República Independente": un adianto do novo xeito de entender a música
popular e amosando un craro concepto "revolucionario"
que se pode resumir en que "o sur de Galicia ten máis de minhoto ca doutras
comunidades próximas e o norte lusitano máis de galego", defendendo que ambas culturas non son dúas diferentes senón unha mesma.
Teatro-Sala de Concertos Caixanova, 2000 Vigo, 2003
Na República Musical de Xistralia danse biras galegos e
muiñeiras portuguesas, gaitas de diferentes tonalidades misturadas con cavaquinhos
e violas braguesas, os golpes de Treboadas cos dos Zés Pereiras, caldeiros
de latón con castañetas, tréculas e triquilitraques, voces, acordeóns, clarinetes... e así ata acadar a un total de 23 instrumentos diferentes que xa foran
empregados noutros tempos polos músicos da "Xistralia Antiga".
Tres anos despois, en 2003, e continuando a colaboración con Zouma Records, sae ao mercado o cuarto C.D. de XISTRA DE CORUXO en solitario: "
Tres nun".
Galicia nas Terras da Gaita, Auditorio Municipal de Vigo, 2012
A CHARURGA xurde co gallo da participación na Sackpfeifen in Schwaven 2009 e como divertimento dos seus propios compoñentes e experimentación propia "daquel proceso galeguizador" que os nosos devanceiros fixeron con todo tipo de melodías, incluídas as de procedencia non galega, e que forman parte do arquivo da Asociación dende vai máis de 20 ou 30 anos nalgúns dos casos.
Dende ese mesmo ano os integrantes de Xistra de Coruxo compaxinan as súas actuacións coa Charurga dependendo do tipo de contratos.
A principios de 2014 publícase o quinto traballo discográfico baixo o título de "
A Charurga".
Xistra de Coruxo na Selva Negra, 2012